top of page
  • Writer's pictureAdrián Naray Ares

Que tempo fixo no Día de Galicia en Foz dende o ano 2006? E que se agarda en 2020? 🤔

Este ano, os modelos suxiren, de momento, a posibilidade de presenza de nubes de tipo alto nas horas centrais do día (ver figura seguinte) que non deberían de dificultar en exceso o paso dos raios solares e cunha temperatura máxima que se situaría entre os 22-24ºC. O vento mairoritariamente do Sudoeste na madrugada e primeiras horas da mañá e que despois procederá do Nordés no resto da mañá e primeiras horas da tarde. Para finalizar o día, agárdase de compoñente Este e incluso Sureste durante a noite . En todo caso, o vento será frouxo con refachos que como máximo chegarían aos 30km/h.


Predición feita por combinación dos modelos WRF, GFS, IFS e ICON ás 23h 24/7.

En canto ao mar, teremos unha temperatura da auga que oscilará entre os 20-22ºC, sendo, segundo o modelo, máis cálida pola tarde que pola mañá. Respecto á altura significativa de onda incrementarase co paso das horas dende os 0,16m ata os 0,24, polo tanto a altura máxima de onda que se podería agardar aproximadamente no día 25 sería de 0,48m de noite.


Baixamar 02:18 14:30 Preamar 08:34 20:52



Analizando os últimos 14 anos cos datos da estación de MeteoGalicia en Foz pode observarse que en só choveu en 4 ocasións, sendo 2018 o ano cando máis precipitacións se rexistraron. Ademais, o certo é que nos 2 últimos anos se rexistraron chuvias, mais este ano están descartadas.


Resulta interesante sinalar o caso do ano pasado cando se alcanzou a temperatura máxima con 27,7ºC grazas ao efecto do vento de compoñente Sudoeste. Esta alcanzouse ás 13h (hora local), unhas 4 horas antes de que se produciran as precipitacións.


A temperatura media das máximas neste período foi de 22,73ºC, polo que este ano a temperatura máxima agardada podería ser lixeiramente superior a este limiar.


Figura 1. Climatoloxía do 25 de xullo en Foz entre 2006-2019.


Bo día de Galicia.


28 views0 comments
Publicar: Blog2_Post
bottom of page