top of page
  • Writer's pictureAdrián Naray Ares

Ciclón explosivo, borrasca explosiva, cicloxénese explosiva... Que lío!!🤔

Justien é unha borrasca/ciclón explosiva? 🤔 Pois a resposta é si porque experimentou un proceso de cicloxénese explosiva. Aínda que o certo é o que titular poida ser moi impactante (realmente traducido do inglés directamente sería "bomba meteorolóxica").


Pero Justine é unha cicloxénese explosiva? Non, nin nunca o será. Estase empregando mal o concepto. Con cicloxénese explosiva referímonos a que o proceso de formación (xénese) do ciclón foi moi intenso en pouco tempo. Polo tanto, non nos estamos referindo a borrasca se non ao seu proceso de formación. Poderíamos dicir que Justine sufriu un proceso de cicloxénese explosiva, pero non que é unha cicloxénese explosiva.


Para cuantificar esta intensificación emprégase o criterio creado por Sanders e Gyakum en 1980 (ver artículo) no que se define que o ciclón debe perder un 24hPa (24 milibares) en 24h nunha latitude 60º. Para outras latitudes hai que adaptar ese criterio. Así, por exemplo, para a latitude de Galicia (aprox. 43ºN), prodúcese unha cicloxénese explosiva se perde uns 19hPa en 24 horas. Segundo a análise de superficie da NOAA NWS, Justine perdeu uns 28hPa en 24h.


Nun ano hai moitos ciclóns explosivos, pero son moi poucos os que chegan cara as nosas latitudes. No Atlántico Norte, a maioría deles sitúanse entre Terranova e Islandia. Algúns si que conseguen chegar ata a Península. Os casos máis destacados foron Klaus en 2009 ou Fabien en 2019.


Dependendo de canto se aproxime a borrasca á Península e de en que fase da súa evolución chegue os impactos serán de maior ou menor importancia. No caso de Justien, aínda é moi profunda pero co avance cara o Cantábrico irase debilitando, isto é, gañando presión e perdendo intensidade de vento. Concretamente en ningún caso nos afectarán os ventos máis intensos que, habitualmente nestas borrascas sitúanse na parte posterior do ciclón (no 2º-3º cuadrante). Pero si que afectarán no Atlántico e iso provocará que aumente a alturas das ondas no Cantábrico co seu desprazamento.


Nestas borrascas esa rexión de intensos ventos que se forma na parte posterior adoita adoptar unha forma de aguillón, co cal coñécese como "sting jet". Fixádevos por exemplo, na imaxe do meu TFM sobre o ciclón Miguel no cal se observa ese "aguillón". Parece que Justine tamén o ten, pero perderao nas próximas horas e en ningún caso afectará esa zona directamente a Galicia.




Estes ciclóns que sofren un proceso de cicloxénese explosiva habitualmente teñen tamén un núcleo cálido, unha característica que habitualmente ligamos aos ciclóns tropicais (ou sexa, coma os furacáns). Justine ten tamén un núcleo cálido segundo o GFS como observades na figura 2.


Figura 2. Diagrama de fase de Justine. Fonte: http://moe.met.fsu.edu/cyclonephase/gfs/fcst/archive/21012906/12.html

119 views0 comments
Publicar: Blog2_Post
bottom of page