top of page
  • Writer's pictureAdrián Naray Ares

Ciclóns que experimentaron un proceso de cicloxénese explosiva no sur de Europa en agosto 1979-2019

Updated: Aug 31, 2020

A partir dos datos do ERA-Interim e do algoritmo, creado na Facultade de Ciencias Físicas da Universidade Complutense de Madrid e que foi utilizado para a realización do TFM Estudio de la excepcionalmente tardía e inusual ciclogénesis explosiva Miguel , realizouse unha pequena adaptación para atopar aqueles ciclóns que sufriron un proceso de cicloxénese explosiva no sur de Europa en agosto. Para que se cumplira isto, esixiuse que a etapa final do proceso de cicloxénese explosiva de cada ciclón se producira dentro da rexión entre liñas discontinuas da Figura 1 (35ºN-55ºN, 20ºW-10ºE). O algoritmo empleado foi desarrollado por Murray and Simmonds (1991) e adaptado ao hemisferio norte por Pinto et al. (2005). Ademais do anterior, para seleccionar ciclóns con características físicas coherentes empleáronse os criterios de Pinto et al., 2009. (Unha maior información sobre este algoritmo pode atoparse no TFM.)


En definitiva, atopáronse 5 ciclóns que sufriron un proceso de cicloxénese explosiva no sur de Europa no mes de agosto entre 1979-2019. Concretamente, ocorreron nos anos 1979,1982,2003,2004 e 2016. As traxectorias que seguiron son as representadas na Figura 1.

Figura 1. Traxectoria que seguiron os 5 ciclóns que sufriron polo menos un paso do proceso de cicloxénese explosiva no sur de Europa entre 1979-2019. Fonte: ERA-Interim.
Figura 1. Traxectoria que seguiron os 5 ciclóns explosivos atopados. Fonte: ERA-Interim.

Na Figura 2, recóllense as características principais de cada un destes ciclóns. De entre todos eles, destaca o de 1979 xa que unha incorrecta predición do proceso explosivo provocou máis dunha decena de falecidos na regata da Admiral´s Cup. Ademais, a súa traxectoria recorda moito á da borrasca deste ano.


A máis próxima a Galicia ocorreu no ano 2003, mentres que a de 1982 foi a que desarrollou o proceso de cicloxénese explosiva máis lonxe da nosa comunidade.


Figura 2. Características de cada un dos 5 ciclóns explosivos atopados. Fonte: ERA-Interim.
 

Referencias:


Murray, R. J. and Simmonds, I. (1991). A numerical scheme for tracking cyclone centres

from digital data. Part I: Development and operation of the scheme. Aust. Meteor. Mag,

39(3):155–166.


Pinto, J. G., Spangehl, T., Ulbrich, U., and Speth, P. (2005). Sensitivities of a cyclone detection and tracking algorithm: individual tracks and climatology. Meteorologische Zeitschrift, 14(6):823–838.


Pinto, J., Zacharias, S., Fink, A., Leckebusch, G., and Ulbrich, U. (2009). Factors contributing

to the development of extreme North Atlantic cyclones and their relation with the NAO.

Climate Dynamics, 32:739.

82 views0 comments
Publicar: Blog2_Post
bottom of page