top of page
  • Writer's pictureAdrián Naray Ares

Predición 10-11-12 outubro 2020

Chega a ponte do Pilar e con ela unha predición máis extensa. Se hai que resumir esta fin de semana nunha palabra, a resposta sería moi sinxela: NORDÉS. Nas seguintes figuras podedes observar o agardado polo modelo WRF de MeteoGalicia para esta ponte.


- Resumo:

  • Temperaturas en descenso na fin de semana.

  • Chuvias máis probables o sábado (especialmente de madrugada pola chegada dunha fronte) pero tampouco se descartan na mañá do domingo e na madrugada do luns. En todo caso, as acumulacións serán pequenas, ou sexa, que o máis probable é que sexan tipo barruzos ocasionais.

  • Vento maioritario do nordés durante a fin de semana o que fai que sexa moi probable a formación de nubes de estancamento (posibilidade de intervalos de claros máis probables nas horas centrais do día do domingo) e que poida haber problemas de visibilidade no Fiouco, especialmente nas noites-madrugadas. O luns o vento será máis variable.

  • A intensidade máxima deste vento podería ser máis forte na medianoite venres-sábado con refachos de ata 35-40km/h. En xeral, máis intensos o sábado que o domingo e máis nas tardes que nas mañás. Diminúe a intensidade co paso dos días.

  • No mar, altura significativa de onda maior na madrugada do domingo pero que, en todo caso, chegaría como máximo ata 1,2 metros. Maior período de onda na tarde do domingo con 9s. Refachos máximos de vento do nordés de forza 4 na fin de semana, especialmente na tarde do sábado.


Mareas:


Sábado. Hora local(h)/Altura(m)

04:03/1.7

10:37/3

17:08/1.7

23:34/2.9


Domingo. Hora local(h)/Altura(m)

05:37/1.8

12:10/3

18:43/1.6


Luns. Hora local(h)/Altura(m)

01:08/3

07:06/1.6

13:31/3.2

19:55/1.4


Na seguinte figura refléxase o promedio das temperaturas agardadas polos principais modelos globais e rexionais. Co aumento dos días, a incerteza é maior e habitualmente as mínimas adoitan ser máis baixas ca este promedio.



66 views0 comments
Publicar: Blog2_Post
bottom of page