top of page
  • Writer's pictureAdrián Naray Ares

Así foi a primavera 2021 na Mariña

Hoxe, 1 de xuño, comeza o vrao meteorolóxico e climatolóxico e toca repasar o que aconteceu na primavera (marzo-abril-maio).


Por primeira vez, non será a de Foz a única estación meteorolóxica de MeteoGalicia a protagonista deste repaso senón que tamén se empregan os datos doutras dúas estacións, unha na Mariña Oriental (Penedo do Galo, Viveiro) e outra na Occidental (Pedro Murias, Ribadeo). Esta última é a que conta cunha serie máis longa xa que ten datos mensuais dende 2001, mentres que nos outros casos só se teñen datos dende o ano 2006.


En resumo, os períodos de referencia considerados son:

- Foz: 2006-2020

- Pedro Murias (Ribadeo): 2001-2020

- Penedo do Galo (Viveiro): 2006-2020



- Temperatura media (entre parénteses móstrase a anomalía respecto ao promedio do período considerado en cada caso):


Foz: 11,5ºC (-0,42ºC)

Pedro Murias (Ribadeo): 12,4ºC (-0,17ºC)

Penedo do Galo (Viveiro): 9,19ºC (-0,015ºC)



- Precipitación acumulada (entre parénteses móstrase a anomalía respecto ao promedio do período considerado en cada caso):


Foz: 164 mm (-60,35 mm)

Pedro Murias (Ribadeo): 166 mm (-66,36 mm)

Penedo do Galo (Viveiro): 214 mm (-52,97 mm)




A maior anomalía térmica (diferencia co promedio) deuse en Foz, sendo a única das tres cunha temperatura media por debaixo do percentil 40. Entón, podería decirse que en Foz a primavera foi máis fría que o habitual nos últimos 15 anos, en cambio, tanto en Pedro Murias como en Penedo, mantívose dentro do habitual respecto ao período de referencia. Destacar especialmente Penedo do Galo onde a temperatura media foi practicamente idéntica ao promedio do período de referencia correspondente.

No caso das precipitacións acumuladas, nas tres estacións a anomalía foi negativa, sendo maior no caso de Ribadeo cun 29% menos. Agora ben, respecto á mediana, as diferenzas foron menores sitúandose entre un 11 e un 16% respecto ao habitual no período analizado correspondente.


Comparando os percentiles, hai que destacar o caso de Foz. O acumulado coincide co percentil 40 das últimas 15 primaveras. Nos demais casos, está por debaixo do correspondente percentil 4o, indicando unha primavera máis seca do habitual no período de referencia utilizado.


- En resumo:

A primavera nas tres estacións analizadas foi, respecto ao período de referencia considerado, seca e cunha temperatura dentro do habitual nos últimos anos, sendo en Foz un pouco máis fría.


Nos próximos días MeteoGalicia publicará un extenso informe climatolóxico comparando a primavera 2021 co período climático de referencia 1981-2010.


Altitude estacións:


- Foz 73 msnm

- Pedro Murias (Ribadeo) 51 msnm

- Penedo do Galo (Viveiro) 545 msnm


55 views0 comments
Publicar: Blog2_Post
bottom of page